A Alcaldesa defende a reinserción na inauguración das XXIII Xornadas Penitenciarias, "cita imprescindible na reflexión social"
A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, inaugurou este luns as XXIII Xornas Penitenciarias Lucenses, que por segundo ano se celebran no Vello Cárcere, consolidadas xa como "unha cita imprescindible na reflexión social".
No acto, a rexedora enxalzou o papel da Asociación Concepción Arenal, organizadora desta cita, que se "dedica a reflexionar no mundo da inmediatez". Concretamente este ano, as xornadas buscan poñer o foco na droga, como transporte máis directo cara o cárcere; pois o 80% dos delitos polos que se entra en prisión están relacionados con drogadicción.
Ademais, Méndez reflexionou no escrutinio da sociedade a temas moi sensibles á velocidade da sociedade dixital, o que converte os problemas en consumo. Así mesmo tamén fixo fincapé na consecuencia de simplificar ao máximo a xustiza e convertelo nunha cuestión penal, reducíndose todo a dinamitar os principios que se consideraban case científicos, como que o cárcere persegue a reinserción e a reeducación; valores que debemos seguir tendo na cidadanía.
Tras a inauguración, á que tamén asistiu a Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López, e outros membros da Corporación Municipal; tivo lugar a entrega de medallas. Posteriormente, Carmen Avendaño, presidenta da Fundación Érguete ofreceu unha conferencia, moderada polo director de programas da CP de Monterroso, Víctor Fraga.
Mañá celebrarse a mesa redonda Drogas, adicción e delito, onde intervirán María Rodríguez, de Curz Vermella, Héctor López, do Proxecto Home, Fátima Estúa, de Aliad, e Esteban Álvarez, da UTE do CP de Villabona. A subdirectora de tratamento do CP de Monterroso, Elvira Fernández moderará as intervencións desta segunda xornada, que clausurará a Subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, quen tamén estivo presente no acto de inauguración.