Comunicado
A violencia de xénero volve a cobrarse unha vítima, e desta volta tócanos moi de preto. Dende a Asociación Penitenciaria Concepción Arenal queremos facer chegar o noso pesar aos seus familiares e amigos, así como expresar o noso profundo rexeitamento por este tan terrible crime.
A nosa asociación seguirá loitando contra calquera tipo de violencia e traballando en dar apoio as súas vítimas. A través do desenvolvemento de programas de intervención favorecedores da igualdade, damos unha atención de carácter integral a mulleres que se atopan en situación de especial vulnerabilidade.
Sempre viva no noso recordo. Descansa en paz, compañeira.