ASOCIACIÓN PENITENCIARIACONCEPCIÓN ARENAL Rúa Monte Faro, 2 CP 27003 - LUGO 982 250 003apcalugo89@hotmail.es
Obradoiro de habilidades socio-laborais para adquisición e mantemento de emprego
OBXECTIVO XERAL
Fomentar a integración socio-laboral dos e das participantes; reforzando as súas capacidades e dotándolles dos coñecementos culturais necesarios como ferramentas facilitadoras.
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS
* Aumentar a capacidade de integración das persoas participantes mediante a adquisición de hábitos prosociais, o coñecemento e o acompañamento cara ao emprego.
* Facilitar a inserción psicosocial a través de dinámicas de participación social activa, realizando unha Intermediacion entre as persoas participantes e o ámbito empresarial.
* Favorecer e poñer en práctica habilidades sociais e condutas prosociais.
* Promover a participación na procura activa de emprego.
* Espertar o interese sobre actividades formativas e relacionadas co fortalecemento de habilidades persoais facilitadoras dunha apropiada integración laboral.
Obradoiro de coñecementos socioculturais de España
Aumentar a capacidade de integración das persoas participantes mediante a adquisición de hábitos prosociais facilitando a inserción psicosocial a través de dinámicas de participación social activa.
*Adquirir os coñecementos necesarios para poder presentarse á proba oficial.
* Facilitar a inserción psicosocial a través de dinámicas de participación social activa, realizando unha Intermediación entre as persoas participantes e a comunidade de acollida.
* Espertar interés sobre actividades de ocio e tempo de lecer facilitadoras duna apropiada integración social.
* Promover a participación do alumnado na oferta cultural de maneira normalizada.
* Espertar o interese sobre actividades de lecer e tempo libre facilitadoras dunha apropiada integración social.
En ambos casos cumpríronse criterios adecuados en canto a idoneidade, eficacia e eficiencia. A actitude, a aptitude, o nivel de participación, a cohesión grupal, as competencias adquiridas e a adhesión ás normas resultou satisfactorio. Mellorouse a empregabilidade das persoas participantes
Actuacións subvencionadas a través da Orde do 12 de maio do 2017 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións plurianuais a entidades de iniciativa social para promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social. Cofinanciada polo Fondo Social Europeo (FSE), no marco do Programa Operativo FSE de Galicia 2014-2020 “O FSE inviste no teu futuro”, no seu obxectivo de “Promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación”, cunha taxa de cofinanciamento do 80%.