Proyecto RIL
- Beneficiarias/os:
- Homes e mulleres maiores de 18 anos, que cumplisen medidas penais que supoñan un impedimento para a súa inclusión sociolaboral.
- O tecido empresarial de Lugo, dando a oportunidade de inserción laboral e exemplo de Responabilidade Social.
- Toda a cidadanía da provincia de Lugo, crendo nas segundas oportunidades e sendo un exemplo de respecto e novidade en Galicia.
- Obxectivos:
- Fomentar a contratación laboral do colectivo de ex reclusos/as ou persoas sometidas a medidas penais.
- Sensibilizar ao tecido empresarial de Lugo sobre a problemática laboral do colectivo penitenciario.
- Incentivar a contratación deste colectivo a través dos Programas de Fomento de Emprego e a Responsabilidade Social.
- Acadar a Inserción laboral, aumentando a autoestima e fomentando a integración na sociedade (evitar a reincidencia).
- Achegar ás empresas o/a candidato/a idóneo/a para os postos de traballo ofertados e proporcionar o apoio necesario no proceso de integración ao traballo, tanto ás empresas como aos usuarios/as.
- Traballamos:
- Nos itinerarios de inserción sociolaboral individualizados, dando así unha confianza ás empresas e a súa vez achegar apoio á persoas que se incorpora ao mercado laboral.
- Creando o vínculo entre os nosos usuarios/as e o tecido empresarial da provincia.
- Cos centros penitenciarios, outras entidades/institucións, Servizo de Xestión de Penas e Medidas Penais Alternativas, a sociedade en xeral, empresas....
- Por evitar a reincidencia, por un novo futuro das persoas.
PROXECTO SUBVENCIONADO POR: