ASESORAMIENTO SOCIAL

SERVIZO DE ASESORAMENTO SOCIAL NOS XUZGADOS: PROXECTO DE INTERVENCIÓN SOCIAL "UN PASO MÁIS"

Destinatarios: Persoas sometidas a penas e medidas alternativas á prisión e ás súas familias.

Servizos: Atención, orientación e asesoramento nas diferentes situacións xudiciais. Información, derivación e tramitación dos diferentes recursos sociais, sanitarios e educativos existentes na provincia.

A loita contra a pobreza e a exclusión social é un dos grandes retos da sociedade contemporánea. Con este programa preténdese incidir directamente na atención das persoas que se atopan en risco ou situación de exclusión social e que presentan dificultades na cobertura das grandes necesidades básicas e de atención psicosocial.

Prentendemos a integración das persoas afectadas por unha problemática xudicial e das súas familias, mediante asesoramento e orientación co fin de favorecer a súa integración social atendendo as súas necesidades, xa que se atopan nunha situación de desvantaxe social. Trátase de impulsar o acercamento ós recursos sociais, educativos e sanitarios da provincia de Lugo.

¿QUÉ É?

Este servizo nace ante a necesidade de abordar dun xeito integral a problemática xudicial, persoal, social e educativa das persoas sometidas a penas e medidas penais alternativas á prision co fin de favorecer o seu proceso de reinserción social.

OBXECTIVOS

Orientar ós profesionais da avogacía sobre a rede de recursos e servizos socio-sanitarios ós que poden acceder as persoas afectadas por unha problemática xudicial.

Informar ás autoridades xudiciais sobre o contexto psicosocial da persoa para unha mellor aplicación das penas e medidas alternativas.

Asesoramento sicolóxico, social e educativo das persoas (e familias) implicadas nunha problemática xudicial, derivándoos ós recursos sociais adecuados á problemática específica.

Realización de propostas de cumprimiento para unha adecuada execución das medidas penais alternativas.

ACTIVIDADES

Elaboración de Catálogo de Prazas TBC (Traballo en Beneficio da Comunidade).

Elaboración dun Protocolo de Actuación do Servizo.

Elaboración de Convenio de Prazas TBC: Ofertas dúas ou tres prazas.

Realización e edición de materiais de difusión (díptico informativo).

Coordinación con servizos colaboradores, especialmente co Servizo Social Penitenciario (na actualidade Centro de Xestión de Penas e Medidas Alternativas).

Reunións e Sesións informativas con profesionais da avogacía: Contacto e posible colaboración con diferentes profesionais para derivación de casos.

Atención a demandas: Entrevistas sociais, elaboración de itinerarios en función da demanda e seguimento.

Descargar folleto en PDF